Concello de Cedeira e Costas buscan unha solución ao estado de deterioro da praia da Magdalena

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Concello e Demarcación de Costas de Galicia buscan unha solución que atalle o avanzado estado de deterioro da praia da Magdalena, un areal urbano único e singular da costa galega que, dende hai xa anos, vén sufrindo un importante proceso de degradación a causa das correntes e o forte oleaxe, que arrastra a area e ten dado lugar á formación dun talud ao pé das dunas.

Hai apenas un mes, e nada máis tomar posesión como novo alcalde da vila, Luis Rubido, manifestou que esta sería unha das súas principais prioridades e, con esta intención, solicitou un encontro co responsable da Demarcación de Costas en Galicia, institución dependente do Ministerio de Medio Ambiente e competente na materia. Onte tivo lugar esa reunión entre o rexidor, Luis Rubido, e o xefe de Costas, Rafael Eimil. Na mesma, tamén participaron o enxeñeiro Carlos Gil e o primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Obras, Alfredo Vilela. Todos eles se desprazaron ata a praia para comprobar in situ a situación. Ao remate da xuntanza, Luis Rubido informou do compromiso de Costas de realizar nos próximos meses unha aportación de area de maior magnitud que as efectuadas nos últimos anos, de tal modo que o areal esté en perfectas condicións de uso de cara á época estival, cando Cedeira rexistra unha gran afluencia de turistas que chegan a duplicar a súa poboación habitual.

Non só iso, e co ánimo de ofrecer unha solución definitiva, Rafael Eimil trasladoulle ao alcalde que nestes días remitiuse a Madrid unha proposta de gran magnitude co obxeto de que as aportacións de area se estabilicen e a praia recupere o seu estado inicial. Neste sentido, Luis Rubido valorou positivamente a actitude de colaboración amosada polo responsable de Costas e avanzou a súa intención de seguir traballando para lograr esa solución definitiva e mantendo os contactos que sexan precisos coas diferentes administracións para logralo.

9 de xaneiro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.