Comezaron as obras de dotación de beirarrúas e servizos en Seixo, en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A Deputación Provincial de Pontevedra adxudicou a obra incluída dentro do Plan de Investimentos do 2012, que fora solicitada previamente pola Xunta Local de Goberno de Marín unha obra de urbanización de servizos e beirarrúas na baixada ao Colexio de Seixo.

A obra está adxudicada  á empresa HORDASCÓN.- e ascende a un orzamento de contratación de 66.787,45€ e como tal Proxecto de urbanización conforme ao novo Plan foi necesario realizar unha tramitación administrativa previa tal e como xa foi realizado.

Aprobouse o proxecto, expúxose ao público para presentación de alegacións por un espazo de 15 días e posteriormente foi aprobado definitivamente sen que presentase ningunha ao proxecto exposto.

O alcance da obra discorrerá desde o cruzamento deste viario co camiño Vello até o cruzamento que vai ao colexio e ao centro de saúde.

As obras iniciáronse esta semana e os traballos xa se están facendo notar nos veciños dunha contorna tan concorrida por estar preto todos os servizos do centro urbano de Seixo.

O equipo de goberno considerou no seu momento unha obra demandada, moi necesaria pola afluencia aos dous servizos que constitúen movemento de veciños cara ao colexio e cara ao centro de saúde.

O Proxecto recolle a urbanización de determinados tramos de beirarrúa, facéndoa nova porque non existe e reposición do saneamento e da acometida de auga.

REHABILITACIÓN CAMIÑO PEONIL MOGOR-PORTOCELO.-

Do mesmo Plan de Investimentos que a Deputación de Pontevedra ten en marcha cos concellos da provincia está tamén en marcha a obra de rehabilitación do camiño peonil de Mogor a Portocelo solicitada previamente polo concello de Marín.

Os traballos teñen un importe de 21.547,29 € que foron adxudicados á empresa E.C. Casas S.L.

22 de xaneiro de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.