Comezan en Pontevedra as obras de reparación de danos do temporal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra iniciou esta semana as obras de emerxencia para reparar os danos causados polos temporais do Nadal en todas as instalacións do Pazo da Cultura. Xa se comezou a traballar na reparación de todo o sistema de telecomunicacións da Policía Local así como a impermeabilización da cuberta do propio Pazo da Cultura. O ritmo de todos estes labores dependerán do tempo. Cabe lembrar que a Xunta de Goberno Local aprobou esta semana unha partida de máis de 265.000 euros para afrontar a reparación dos sistemas de telecomunicación da Policía, dos danos do Pazo da Cultura e do tramo urbano da senda do Gafos.

A intervención na Policía Local ten un custe de 9.788,42 euros. No Pazo da Cultura investirase a contía máis grande: 210.422,21 euros xa que se volverá a instalar a impermeabilización, repararase o pararraios, cristaleiras, ascensores, cadros eléctricos… E o investimento na senda do Gafos será de 45.249,78 euros. O resto de reparacións serán acometidas polas brigadas municipais, polas empresas contratadas para o mantemento dos espazos urbanos e rurais, así como pola empresa de mantemento dos xardíns.

16 de xaneiro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.