Comeza na Laracha un curso de xadrez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

Unha nova actividade do programa municipal de inverno xa está en marcha. O curso de xadrez, no que participan 15 nenos, comezou a impartirse nunha das aulas do edificio de servizos múltiples da Laracha.

A actividade desenvolverase ata o próximo mes de maio todos os mércores de 18.00 a 19.30 horas.

Aínda restan prazas libres neste curso. A inscrición permanece aberta para nenos maiores de seis anos de idade.

17 de xaneiro de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.