publicidade hoxe

Comeza en Vedra o programa “Posta a Punto” co proxecto “Témporas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O programa POSTA A PUNTO comeza en Vedra coa presentación de “Témporas” o venres 17 de xaneiro na Casa da Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla ás 20.00 h.

O proxecto Témporas son encontros para vincular a mocidade de Vedra con proxectos creativos. Preténdese reunir experiencias locais co obxectivo de potenciar unha rede e fomentar e fortalecer a participación na vida cultural de mozos e mozas, impulsando emprendementos creativos para o desenvolvemento local.

Este encontro está dirixido a xóvenes afeccionados ou profesionais de calquera disciplina artística: música, pintura, debuxo, deseño gráfico, fotografía, moda, estilismo…

A partir desta primeira xuntanza artellarase un proxecto amplo con diferentes propostas: emprendemento creativo, laboratorio artístico, paneis e mesas de debate, exposicións.

As inscricións poderán realizarse no Departamento de Cultura e Xuventude ou no teléfono 981 814 691

15 de xaneiro de 2014 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.