Comeza en Ourense unha actividade para difundir entre os cativos coñecementos para manter unha boa saúde oral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Concellería de Educación deu inicio esta mañá a unha novidosa actividade na que difunde entre os escolares da cidade as vantaxes dunha boa saúde oral. Partindo da premisa de que a maioría dos hábitos se crean nas primeiras etapas da vida, e que a escola é un contexto favorable para a formación integral dos nenos e nenas, o Concello considera importante desenvolver programas de educación buco dental para que adquiran coñecementos beneficiosos para manter unha boa saúde oral.

Enmarcadas dentro do programa educativo Educación en Saúde do curso 2013-2014, a primeira das charlas celebrouse esta mañá no CEIP Albino Núñez. Ten como obxectivos conseguir que os alumnos e alumnas coñezan a importancia de manter unha adecuada hixiene oral, ademáis de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan evitar enfermidades bucodentais posteriores.

Participarán un total de 2.526 alumnos de centros educativos da cidade.

 

15 de xaneiro de 2014 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.