Comeza en Lalín o Mes do Cocido con 24 restaurantes e 3500 prazas

Presentación do Mes do Cocido
Vintecatro restaurantes lalinenses abriron hoxe o XVI Mes do Cocido de Lalín que comeza coincidindo co día de San Amaro e que rematará o 14 de febreiro, o día de San Valentín, a portas da celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro.
Vintecatro restaurantes lalinenses abriron hoxe o XVI Mes do Cocido de Lalín que comeza coincidindo co día de San Amaro e que rematará o 14 de febreiro, o día de San Valentín, a portas da celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro.
Ao longo deste mes, os clientes e visitantes poderán reservar Cocido de Lalín nos 24 restaurantes ou poderán optar por degustar o prato rei da gastronomía de Galicia nalgúns dos restaurantes que atenderán sen previa reserva aos clientes que queira degustar o plato.
Os prezos que oscilan entre os 20 e os 45 euros e cun prezo medio de 26 euros poderán completar e atender a diversa demanda que chegará de todos os puntos de Galicia ao longo do mes con especial incidencia ao longo da fin de semana, cando os visitantes incrementan de xeito sustancial o número.
En total, os 24 restaurantes do Mes do Cocido ofrecerán preto de 3.500 plazas para degustar Cocido de Lalín suxeito ao Compromiso de Calidade, un control de calidade que pretende garantir que a experiencia de degustar cocido de Lalín poida ser o máis agradable e sabedeira posible para os visitantes.
Dende hoxe escomezarán a entregarse tamén os pins do Cocido da artista Pilar Taboada que adornarán a roupa dos visitantes e servirán de anunciou e disfusión á Feira que está en marcha.
Un Cocido deste 2014 que volve a estar maridado cos viños de Monterrei e que se presentará o vindeiro 28 de febreiro na Casa de Galicia e o 29 de febreiro na feira internacional da gastronomía “Madrid Fusión”.











