Comeza a Segunda volta da liga en DHF
O vindeiro sábado día 1 ás 1900 no Pavillón de Bidebieta en San Sebastián, o Mecalia enfróntase ao líder Bera-Bera.
Partido complicadísimo para o Mecalia, enfrontarse ao líder cuns números de impresión; 12 vitorias e unha derrota, 372 goles a favor e 258 en contra, 24 puntos, e encima na súa cancha, onde non cedeu nin un só punto.
De todos os xeitos, o C.B. Mar Alacante tan só tenia ao seu favor o factor cancha e con todo foi capaz de dobregalo.
Esperemos que as donostiarras teñan o día parvo e ao Guardés sálgalle todo e poidan traerse algo positivo











