Comeza a funcionar o transformador eléctico do Centro Social de Cangas
O pasado venres realizouse o traslado da corrente para que o transformador do Centro Social de Cangas poida poñerse en marcha. Isto permitirá poñer en funcionamento a bomba de calor que da servizo á calefacción e ao aire acondicionado, algo que ata o de agora non era posible porque o centro estaba funcionando con luz de obra.
Este transformador conta con 250kva e dende o Concello procederase á contratación de 70 quilovatios de potencia, necesarias para que a bomba de calor poida funcionar. A corrente entra no transformador a 18.000 voltios e sae a 3.80 ou 2.20 voltios, segundo datos facilitados polo concelleiro de Obras e Servizos Bernardino Faro.
A posta en funcionamento deste transformador súmase a unha serie de melloras que recentemente se realizaron no edificio do Centro Social entre as que se atopan o acondicionamento de dúas novas salas e dous aseos.
Con estas actuacións mellórase o estado destas instalacións nas que cada día moitas persoas maiores pasan o seu tempo realizando múltiples actividades como informática, pintura ou dominó. s pasan o seu tempo realizando mñultfuncionando con luz de obra.formador a 18.000 voltios e sae a 3.











