Clausura de tres cursos do programa “Proxecta o teu Futuro” na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Entrega de diplomas

Entrega de diplomas

O concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, clausurou tres cursos do programa ‘Proxecta o teu Futuro’, un acto celebrado no Centro de Información ás Mulleres (CIM).

‘Proxecta ou teu Futuro’ é un programa de formación para mellorar o acceso ao mercado laboral da muller e que aborda varias áreas: formación laboral, hostalaría e turismo, e administración e xestión. Na súa visita ao CIM, o concelleiro de Servizos Sociais clausurou dúas edicións dun curso de ofimática e unha de arranxo de habitacións e zonas comúns en aloxamentos.

O Concello desenvolve este programa -que conta coa cofinanciación da Deputación da Coruña- co obxectivo de facilitar o acceso ao mercado laboral das mulleres, con especial atención ás que teñen máis dificultades de inserción (violencia de xénero, migración, escasa ou nula experiencia laboral, ou que dispoñen de empregos precarios).

30 de xaneiro de 2014 | 13:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.