Charla sobre as “claves na elección dun local de negocio” en Cangas
Esta mañá a Casa de Oficios Lorenzo Corvacho acolleu a charla “A importancia da elección dun local de negocio” impartida por Cintia Basalo Nores da inmobiliaria Lares.
Esta charla inclúese dentro da programación do programa da aula do emprendedor, promovido pola Concellería de Traballo. Entre os asistentes estaban varios emprendedores que están buscando asesoramento para poder crear o seu propio negocio e que xa teñen unha idea concreta.
Durante a charla abordáronse diferentes contidos que buscaban introducirá ós/ás asistentes nos aspectos a considerar á hora de elixir un local de negocio, baseándose nos
seguintes temas: elección entre aluguer ou compra do local, a opción do “coworking”, as vantaxes e inconvintes entre locais preparados e lóbregos, a importancia da ubicación, o prezo e as posibilidades de negociación, a determinación da superficie óptima do negocio, a distribución do local e a adecuación á normativa.
Dende a Concellería de Emprego continuase apostado polas iniciativas emprendedoras. O vindeiro luns día 10 de febreiro arrancará o proxecto “Emprende en Positivo” en colaboración coa Deputación de Pontevedra e a Fundación INCYDE que ten como finalidade formar e asesorar aos futuros emprendedores de cara á posta en práctica da súa idea de negocio.











