“Chapuzas a domicilio” no Auditorio Municipal de Cedeira
O Auditorio Municipal de Cedeira acollerá este sábado, 18 de xaneiro, a partires das oito da tarde o espectáculo intercultural de maxia clown “Chapuzas a domicilio”, de Expresión Produccións. No mesmo, dous pintores teñen o encargo de preparar o esceario para unhas conferencias que darán unha serie de persoaxes internacionais moi pintorescos. Sorpresas, risa, maxia e clown caracterizan este interesante e interactivo espectáculo para ver en familia. Entradas a 2,5 euros











