Cervo remata esta semana o prazo para a solicitude conxunta de árbores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

A Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Begoña Alonso, lembra que o venres 17 é o último día para realizar o pedido conxunto de árbores que pon en marcha o Concello de Cervo. A veciñanza pode elixir entre preto de 125 especies diferentes, moitas delas autóctonas, e beneficiarse das vantaxes e facilidades dun pedido colectivo fronte a un individual.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto co Concello de Cervo, onde se lles facilitará a folla de pedido e a lista de todas as árbores dispoñibles. O seguinte paso será a entrega, que está prevista para comezos do mes de febreiro.  

Os cervenses solicitaron xa sobre 40 árbores, entre forestais e froiteiros, e a Concellería convida á poboación a participar nesta iniciativa coa que “pretendemos fomentar la creación de pequeñas plantaciones domésticas y contribuir a diversificar las especies que proliferan en las propiedades de los vecinos, dándole especial importancia a las especies autóctonas” explica a edil.

Deste xeito, o Concello busca estender o seu proxecto de recuperar o bosque atlántico típico da zona máis alá das propiedades municipais, onde ata o de agora se estiveron facendo múltiples plantacións de árbores autóctonas, especialmente no monte Escarabelada, pero tamén noutros de titularidade pública, así como colaborando na reforestación de montes comunais.

13 de xaneiro de 2014 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.