Carral prepara o terceiro curso de defensa persoal
O concello de Carral convoca a terceira edición de curso de defensa persoal que se celebrará na Casa da Cultura e no Complexo Deportivo de Carral. Esta actividade vólvese a incorporar de novo á programación municipal de Nadal, tras uns anos de ausencia, ante a gran demanda detectada entre a poboación carralesa.
O curso, que será impartido polo mestre de artes marciais Daniel Fernández, os sábados 18 e 25 de xaneiro, en horario de10.30 a 13.30 h. Ao longo destas 6 horas os asistentes poderán coñecer os fundamentos básicos de defensa persoal así como, sobre todo, como identificar e evitar situacións potencialmente perigosas e, no caso de que se produzan, como actuar ante elas, tanto no plano lexislativo, psicolóxico, como en técnicas físicas de autodefensa, as zafaduras, inmovilizaciones, varridos, etc. O curso contará cunha pequena introdución teórica para dar paso aos fundamentos prácticos que se prolongarán ao longo das sesións. O custo do curso por alumno será de 15 €.
Para máis información e inscricións, aqueles interesados/as deberán porse en contacto co departamento municipal de deportes, na Casa da Cultura, no tlfo. 981.672.580 ou no mail deportes@concellocarral.com.











