publicidade hoxe

Carral organizou unha nova excursión á pista de xeo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O sábado 18 de xaneiro 35 mozos e mozas de Carral acudiron a pista de xeo dos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña, nunha viaxe organizada polo Concello da localidade.

A excursión comezou o sábado ao redor das 10.30 h, momento no que a expedición partiu cara a pista de xeo. Ao redor das 11.00 comezou a xornada de patinaxe na que algúns dos máis expertos patinadores puideron lucirse facendo verdadeiras acrobacias sobre os patíns, e outros simplemente fixeron as acrobacias para non caerse. Sobre as 12.00, e despois dalgunha que outra caída, terminou o día de patinaxe e os mozos carraleses volveron ás súas casas esgotados pola intensa e divertida actividade. Todos eles expresaron a súa alegría pola actividade e mostráronse impacientes por repetir a experiencia.           

Esta viaxe é xa un clásico na programación deportiva municipal do Nadal no Concello de Carral; o obxectivo fundamental que a Concellaría se marca neste tipo de actividades é o de fomentar a práctica deportiva entre a poboación máis nova, vinculándoa sempre como un hábito saudable.

18 de xaneiro de 2014 | 15:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.