Carral entrega os premios da XI edición do Torneo de Tiro Olímpico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Este sábado terá lugar a entrega dos premios do XI Torneo de Tiro Olímpico de Carral. Este evento deportivo, disputouse ao longo do ano 2013 (o segundo sábado de cada mes entre as 16.00 h e as 19.00 h), organizado polo Club de Tiro Olímpico da localidade coa colaboración do Concello de Carral. Nesta XI edición, participaron 61 tiradores de toda a provincia divididos en 10 categorías diferentes, que abarcan todas as idades e ambos os xéneros. O paulatino incremento de participantes fai que ano tras ano, esta competición válase consolidando como un dos torneos de carácter anual, máis importantes na Comunidade Galega.         

O pasado 14 de decembro disputouse a duodécima e última xornada da edición 2013, que arroxou estes resultados:           

Modalidade de pistola precisión: En veteranos o campión foi José Luís Fernández Flores (Aeroclub); na categoría senior Jorge Sánchez (Ferrol) conseguiu de novo a primeira posición, na categoría de veteranas a campioa foi Mª Isabel Vázquez (de Carral), e en Damas foi Evelyne Manchon (Carral) a gran campioa. Nas categorías inferiores, Ariadna de Cancio (Areoclub) levou o título en infantís e Lia Rodríguez (Carral) fixo o propio en alevíns.

Modalidade de pistola estándar: en veteranos foi José Manuel Álvarez (Coruña) o campión, e na categoría senior foi José Montero Antelo (Santiago) o que se alzou coa primeira posición.  En canto ás veteranas, Isabel Vázquez repetiu o título conseguido na modalidade de precisión, e na categoría de damas foi Mª Cruz Ares Varela (Carral) a que se levantou ao posto máis alto do pódium.

           
Modalidade de Carabina: foi Francisco Vilas (do Areoclub) quen se fixo coa vitoria na categoría senior; Cristina García (do Arteixo) o que o conseguiu na categoría de damas; e Miguel Regueira (Carral) conseguiuno a categoría de cadetes.      

O acto de entrega de diplomas, medallas e trofeos terá lugar nunha festa de clausura o este sábado, sobre as 20.00 h, xusto despois de inaugurar a XII edición deste torneo que se disputará ao longo deste ano 2014.

9 de xaneiro de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.