Cangas comeza a organizar a programación do Entroido 2014
A Concellería de Cultura de Cangas comeza a partires da semana que ven as diferentes xuntanzas con asociacións, colectivos, anpas e comparsas para organizar a programación que se desenvolverá en Cangas no Entroido.
O martes 28 terá lugar a reunión cos diferentes colectivos e asociacións de Comerciantes e Hosteleiros: FECIMO, Cangas Vella e Zona A. (as 20.00 h.)
O mércores 29 será o turno das ANPAS dos diferentes centros escolares da Vila e tamén das Comparsas. As 19.00 h e as 20.00 h. respectivamente











