Cangas acollerá un curso de adestradores de fútbol base

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

O Concello de Cangas en colaboración coa Federación Galega de Fútbol e o Alondras C. F. organiza en Cangas un curso de adestradores de fútbol base destinado a toda a comarca do Morrazo. A presentación do curso terá lugar este venres día 17 de xaneiro ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello. O acto estará presidido polo alcalde de Cangas José Enrique Sotelo, o concelleiro de deportes Francisco J. Soliño, o presidente do Alondras C. F. Luis Guimeráns e o director da Escola Galega de Adestradores Manuel Mosquera. Tamén estarán presentes os monitores que impartirán o curso Manuel Tomé, Rafael Outeiral, Alfredo Álvarez e Arturo Díaz.

15 de xaneiro de 2014 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.