Cangas acolle a terceira xornada da 1ª división nacional feminina de tenis de mesa
O próximo o sábado 18 de xaneiro disputarase en Cangas a terceira xornada da 1ª División Nacional Feminina de tenis de mesa (Grupo 1), división que é a antesala á división de prata deste deporte. A cita. acudirán integrantes de varios equipos da xeografía galega como do Oroso Tm, do Vincios, de A Coruña e Narón. Pola súa banda, o equipo do Club Cinania, integrado polas canguesas María Pena, Lara González e Laura Rodríguez loitarán por acadar algunhas victorias que lles permitan afastarse dos postos de abaixo da tabla.
Esta tempada estableceuse un novidoso sistema de afrontamentos que permite disputar esta liga na modalidade de pequenas concentracións por localidades, polo que nas vindeiras semanas as integrantes do equipo feminino do club Cinania terán que viaxar a León para disputar a seguinte concentración contra os equipos de Asturias, Euskadi, así como da localidade anfitriona.
A xornada comezará pola ás 10.00 horas cun descanso ás 14.00 horas. Despois retomarase a competición ás 16.00 horas ata finalizar con todos os enfrontamentos. Dende a Directiva do Club Cinania sinalan que “é a primeira vez na historia do club que temos o orgullo de ter un equipo feminino en categorías altas da competición nacional”, a vez que invitan a tódolos veciños e veciñas a que se acheguen ao Pavillón Municipal de Romarigo para animar ó equipo local e coñecer de cerca esta práctica deportiva.











