Cancelan o concerto da Banda Municipal de Música da Coruña
O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que se cancela o concerto da Banda Municipal de Música previsto para este domingo, 19 de xaneiro. A próxima actuación será o 2 de febreiro, ás 12.15 horas, no Palacio da Ópera, a cargo do director David Fiuza Souto.











