publicidade hoxe

Campaña de Nadal “Comeza o ano con boa pata” en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Dende o Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, puxemos en marcha dende o 7 de decembro ao 07 de xaneiro de 2014, ambos inclusive, a promoción “Comeza o ano con boa pata”. Esta Campaña pretendeu premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentivase a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.

Deste xeito, entregáronse preto de 1.500 bolsas reutilizables así como multitude de premios aportados polo propios establecementos (artigos de xoiería, circuitos de estética, peiteados, cestas de nadal, descontos…).

Por outra banda, este xoves día 9 ás 13 horas na sede social, terá lugar a entrega dos principais premios da campaña: 40 xamóns e o peso en viño.

Con respecto a este último a afortunada, que cumplimentou o boleto que se extraiu entre os miles e miles que se depositaron na urna habilitada para tal fin, foi Puri Rosales que mañá ás 13 horas se pesará (na farmacia Touriño – Rúa Real) para canxear dito peso por viño, este xoves.

Dende o CCA Estrela de Marín, queremos agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, de “La Caixa” e de ENCE nesta campaña, que consideramos un éxito rotundo.

7 de xaneiro de 2014 | 10:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.