Caída de árbores e inundacións en Vigo
Os efectos do mal tempo na cidade de Vigo deixaron árbores caídas, antenas desprendidas, persianas e canlóns rotos ou inundacións en distintos puntos, que obrigaron aos efectivos de emerxencias a mobilizarse.
Os Bombeiros acudiron pola caída dunha árbore que atravesou dous carrís na estrada vella de Madrid, sobre as 23.15 horas da noite, mentres que na rúa Sagunto desprendeuse unha antena, ademais dunha persoa caída en Serafín Avendaño.
Tamén se rexistraron diversas incidencias polas choivas, como unha entrada de auga nun piso polo tellado na avenida Florida. Tamén, na subida Peñasco, rexistrábanse entradas de auga polo tellado dun edificio, mentres que se alagaba o baixo dun inmoble na rúa Zapateira.
Doutra banda, estourou un transformador de Fenosa en Frogoso con Balaídos, e diversos canlóns de tellados resultaron danados, atrancados ou desprendidos en diversos puntos da cidade.











