Caída de árbores, colectores e danos de vehículos en Vigo, principais incidencias da tormenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSucesosVigo
A-
A+
E.P.

A tormenta que afectou a Galicia durante a noite provocou caída de árbores e de colectores nas rúas de Vigo, que provocaron diversos danos en vehículos, segundo informan efectivos de Emerxencias.

   Os bombeiros de Vigo acudiron a sufocar un pequeno lume nun cadro de contadores, ademais de rexistrarse inundacións nas zonas próximas o mar e algúns tellados ou antenas afectados.

   Tamén houbo colectores no centro da calzada en Martín Echegaray ou Avenida de Balaídos, entre outras zonas, ademais de caída de árbores. Tamén houbo tulipas danadas en varios puntos da cidade, como na baixada de Capitán, Gran Vía ou Praza de Compostela, ademais de persianas rotas.

   Na mañá do sábado, varios vehículo quedaron afectados ou danados por caída de árbores en Parachá e en Avenida Prácida. Tamén caeron árbores en rúa Paredes e colectores no centro da calzada en Travesía de Vigo, Avenida Castrelos e en Teixugueiras, onde causaron danos a vehículos.

4 de xaneiro de 2014 | 13:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.