publicidade hoxe

Boiro participa na campaña autonómica de peóns “Mira que te miren”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Debido a gran preocupación polos atropelos que se están a producir na nosa Comunidade Autónoma, debido en gran parte ás características da xeografía galega (elevado número de travesías, dispersión da poboación, vida no rural, envellecemento progresivo….) vaise levar a cabo esta campaña que ten por finalidade concienciar as persoas maiores de 65 anos da conveniencia da utilización de chalecos reflectantes nos seus desprazamentos. Enfócase a este grupo de persoas, debido á súa diminución de mobilidade, dificultade de visión periférica, limitacións auditivas, efectos secundarios derivados do uso de medicamentos…

A campaña centrarase na explicación de normas e consellos para camiñar con seguridade pola estrada entre o ocaso e a saída do sol ou en condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan a visibilidade, explicaráselle que DEBERÁN LEVAR UNHA PRENDA REFECTORA VISIBLE A UNHA DISTANCIA MÍNIMA DE 150M.-O CHALECO- QUE FAI VISIBLE PERO NON INMORTAL, co que serán agasallados tódolos asistentes.

As clases serán impartidas por Xoana Toja Lema, axente da Policía Local que se encarga da formación en Seguridade Vial tamén nos centros educativos.

28 de xaneiro de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.