publicidade hoxe

Boborás imparte clases de apoio aos rapaces da ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoborás
A-
A+

O Concello de Boborás inicia esta semana unhas clases de apoio escolar aos rapaces e rapazas empradoados/as no municipio que actualmente cursan E.S.O.  nos distintos institutos da comarca para intentar solventar e evitar o fracaso escolar.

Trátase dunha iniciativa coordinada dende os departamentos de Servizos Sociais e a propia alcaldía do Concello de Boborás e co apoio dos pais e nais con alumnos de entre 1º e 4º da Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

As clases serán impartidas por unha mestra contratada a través da Deputación de Ourense para a Mancomunidade do Carballiño. O horario será de 16 a 20 horas, na aula CeMIT de Boborás e durarán ata o vindeiro xuño de 2014.

22 de xaneiro de 2014 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.