Bases para participar no desfile de comparsas da XVII edición “Venres de Foliada” de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño organizador do desfile de comparsas “Venres de Foliada” do ano 2014, abrirá o prazo de inscrición das comparsas dende o día 3 de febreiro ata o día 21 de febreiro, ambos os dous inclusive.

Para ampliar información contactar no 986 62 20 01 (Cultura) ou na dirección  cultu.deporte@gmail.com.

Para a inscrición deberán cubrir o impreso que se facilitará no Concello e presentalo na oficina do Rexistro Municipal.

A documentación requirida para a inscrición é a seguinte:

> Impreso de solicitude

> Certificado de titularidade da conta do representante ou da comparsa.

– O desfile terá lugar o venres 28 de febreiro ás 21:30 h. En caso de choiva realizarase o venres 7 de marzo a mesma hora.

– As comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 15 compoñentes.

– O número máximo de comparsas inscritas será de 20.

– As carrozas participantes no desfile non poderán exceder das seguintes dimensións, sen contar a cabeza do tractor: Longo: 8,00 m. ancho: 3,50 m. alto: 4,50 m.

– Non serán admitidas as comparsas con cabalos.

– O número de orde das comparsas no desfile será por rigoroso orde de chegada ao lugar de saída (RÚA AO LADO DO COLEXIO PEDRO CASELLES).

– A compensación económica para as comparsas participantes será a seguinte:

*Comparsas de 15 a 30 compoñentes e sen carroza: 100,00 €

*Comparsas de 31 a 45 compoñentes e sen carroza: 150,00 €

*Comparsas de 46 ou máis compoñentes e sen carroza: 250,00 €

*Comparsas de 15 a 40 compoñentes e con carroza: 200,00 €

*Comparsas de 41 a 60 compoñentes e con carroza: 300,00 €

*Comparsas de 61 a  80 compoñentes e con carroza: 400,00 €

*Comparsas de 81ou máis compoñentes e con carroza: 500,00 €

O pago das compensacións económicas realizarase mediante transferencia bancaria, previa presentación da factura correspondente no Departamento de Intervención do Concello de Tomiño (presentando certificación, se é o caso, da
exención do IVE). Nos demais casos, as compensacións económicas estarán
suxeitas as retencións que correspondan pola normativa fiscal.

O prazo de presentación da factura será de 1 mes dende a celebración da festa.

A participación implica a aceptación das presentes bases e está aberta a todas as asociación veciñais, culturais, xuvenís, grupos, colexios, etc.

As cuestións de dúbida, interpretación ou imprevisto que xurdan no desenvolvemento deste desfile serán resoltas pola Concellería de Cultura.

28 de xaneiro de 2014 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.