Avinza GDR 15, no que se inclúe o concello de Allariz, celebra a súa xunta directiva
Avinza reúne esta tarde á directiva na súa sede no nº 4 da rúa Portelo de Allariz.
A orde do día de dita xuntanza inclúe entre outros, os seguintes puntos:
– Aprobación das contas da anualidade 2013
– Dar conta do novo cadro económico para as anualidades 2014 e 2015, cunha partida orzamentaria de 800.000 €
– Expor a situación económica do Grupo
– Facer un balance dos proxectos levados a cabo ate finais de 2013.
A nova partida orzamentaria procedente da ampliación do Proxecto Leader, atenderá primeiramente aos proxectos que están en lista de espera, quedando somentes o remanente para unha nova liña de axudas.











