publicidade hoxe

Avalían os danos causados polos últimos temporais en Oia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOiaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Oia

Cores Tourís na visita a Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta tarde o concello de Oia co obxectivo de avaliar, acompañado polo alcalde da localidade, Alejandro Rodríguez, os danos causados tralo paso dos últimos temporais.

Na visita estiveron acompañados polo tenente alcalde do municipio, Eugenio Portela, e o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José Luis Díez.

Segundo puido comprobar o delegado territorial, a gran maioría dos danos causados polas fortes choivas causaron desprendementos de polas, pedras, árbores e terra sobre pistas rurais. Deste xeito víronse afectados o camiño ás pozas de Mougás e unha das pistas do monte en Viladesuso.

A zona máis afectada foi a estrada de subida de Mougás a Toroña, onde a forza da auga provocou que se perdera parte do firme interior da estrada o que causou danos que xeran inseguridade na estabilidade da mesma.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra confirmou que a administración autonómica levará a cabo de xeito inmediato a limpeza das pistas forestais e valorará a situación da estrada de Mougás para poñer en marcha canto antes medidas que atallen os danos causados polos temporais nesta via, xa que esta obra será de maior envergadura “ao ser máis graves os problemas xerados”.

15 de xaneiro de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.