“Atrapasonos da paz” en Poio para celebrar o Día Escolar da Non Violencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoio
A-
A+

Un ano máis, o Centro Social ( as concellarias de benestar social e xuventude)   pretende sumarse  á celebración do Día Escolar da Non Violencia e da Paz que é o día 30 de Xaneiro (XOVES).

Este día, coma sempre, traballaremos  de común acordo cos centros de primaria de Lourido, Isidora Riestra, Espedregada, Viñas e Chancelas.
Comentámosvos  a proposta  a traballar este ano:

Poio soña con máis Paz para o noso entorno máis cercano e para todo o mundo.

Imos soñar con palabras máxicas , sentimentos e comportamentos que construen a Paz e como queremos que esos sonos se transfórmen en realidade ,precisamos atrapalos para que se queden connosco no noso cole para sempre.

No centro social imos  elaborar  OS ATRAPASONOS DA PAZ  ( 17 en total)  de feito xa están casi rematados… O alumnado  dos cinco centros de primaria da localidade elaborará unhas plumiñas en cortulina de cores diferentes na que escribirá o seu sono ( palabra máxica, sentimentos,  comportamentos… a modo de exemplo: besos, compartir, coidar ós amigos….) para que sempre teñamos paz nas nosas vidas. As plumiñas  estarán colocadas en ristras  e o día  30 ,en cada centro,   as ataremos nos atrapasonos que a dirección do cole decidirá onde colocalos para que luzcan todo o ano.

Tamén este ano propúsoxe facer un canto colectivo coa canción de  Macaco “mensaje de agua” que dice cousas tan fermosas como “amar lo diminito …o que gota sobre gota somos ola que hacen mares”. Viñas, Lourido e Chancelas xa están cos ensaios e Isidora e Espedregada estaban preparando otros temas. 

O horario de encontro coa rapazada nos centros  será:
9.00 colexio Viñas
10.00 colexio Lourido
11.15  colexio Chancelas
12.00 colexio Isidora Riestra
13.10 colexio Espedregada.

28 de xaneiro de 2014 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.