Asínase o convenio para a construción da segunda “Galiña Azul” de Fene con 41 prazas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFeneLocal Portada
A-
A+
Sinatura do convenio para crear a segunda Galiña Azul de Fene. Foto: X. Crespo

Sinatura do convenio para crear a segunda Galiña Azul de Fene. Foto: X. Crespo

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, asinaron esta mañá un convenio para a construción dunha escola infantil de 41 prazas no devandito municipio. A obra de construción deste novo servizo contará cun investimento de 410.000 euros.

A nova escola infantil de Fene, que terá 41 prazas distribuídas en 3 unidades, permitirá aumentar nun 40 por cento a oferta da Rede A Galiña Azul na localidade, onde xa funciona outro centro de 61 prazas dende o ano 2007.

En canto á ubicación, a escola levantarase nunha parcela situada no Camiño de Carril que foi cedida polo Concello. Tras a sinatura do convenio hoxe, procederase agora a revisar o proxecto da construción cara a comezar a tramitación do inicio da obra o antes posible.

O proxecto da construción dunha nova escola infantil no Concello de Fene enmárcase na aposta da Xunta de Galicia pola conciliación da vida familiar e laboral, un obxectivo que na pasada lexislatura deu como froito a posta en marcha de 3.000 prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos.

13 de xaneiro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.