As visitas á Torre da Homenaxe en Monforte suspéndense ata o 15 de febreiro
As visitas á Torre da Homenaxe suspenderanse ata o sábado día 15 de febreiro, data na que tamén rematará o peche anual do Parador de Turismo.
A partir desta fecha recuperaranse as visitas os sábados, domingos e festivos en horario matinal e vespertino.
O horario de visita será de 11:00 a 13:00 horas polas mañás e de 16:00 a 18:30 horas polas tardes.











