publicidade hoxe

As obras para mellorar o camiño da AC-960 en Touro contará con 75.000 euros da Deputación da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaTouro
A-
A+
A Deputación da Coruña aprobou no Pleno ordinario de decembro o texto do convenio de colaboración co Concello de Touro para financiar as obras para o arranxo do camiño da AC-960 no seu paso pola Porcariza (Vilar).

A achega provincial que se recolle no acordo ascende a 75.363,29 euros, unha cifra coa que se sufraga o 80% do investimento total deste proxecto (94.204,11 euros).

As obras que se han executar inclúen a reparación de fochancas, a mellora da capa de rodaxe con tratamento superficial e rega de selado, a apertura de cunetas e a limpeza de salvacunetas para a correcta drenaxe lonxitudinal e transversal ao longo de máis de 6.200 metros de camiños.

Os camiños nos que se levarán a cabo estas actuacións son os da AC-960 a Porcariza (Vilar); Igrexa Prevendiños a límite Loureda; Igrexa de Foxas a Vilar; Camiño da Pena; Camiño en Lago; Camiño o Lado do Colexio de Parvulos; Camiño en Calvo de Abaixo. Ademais, dentro deste proxecto, construirase  tamén un muro de 3 metros de alto para a contención de terras en Foxas de Abaixo.

2 de xaneiro de 2014 | 12:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.