As I Xornadas de Xogos Tradicionais Vila de Marín recadaron xoguetes para Cáritas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

O pasado dia 2 de xaneiro no pavillón do Sequelo tiveron lugar as  I Xornadas de Xogos Tradicionais Vila de Marín con fins benéficos (recadar xogos ou xoguetes para os máis necesitados) ás cales asistiron numerosos nenos e nenas e onde cabe destacar a gran participación do grupo de rapaces e rapazas da Ludoteca A Illa dos Nenos.

A actividade foi levada a cabo polo Concello de Marín en colaboración coa Asociación Cultural – Deportiva Gharaboto que ademais de impartires as diferentes actividades, amenizaron os xogos xunto cun grupo de gaiteiros.

Os xoguetes recadados foron doados a Cáritas.

3 de xaneiro de 2014 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.