As Distincións Gallaecia 2013 galardoa con doce mencións aos viños da D.O. Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseVerín
A-
A+
Entrega de distincións

Entrega de distincións

A presidenta da Asociación de Sumilleres de Galicia, Mercedes González, o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Antonio Ángel Méndez Atanes, e o secretario de Gallaecia, Alberto Román García,  fixeron hoxe entrega dos diplomas que concede esta asociación aos viños da Denominación de Orixe, nun acto ao que acudiu unha ampla representación do sector do viño na comarca.

Na súa intervención, Mercedes González trasladou a súa noraboa a todos os premiados, pois este ano os viños de Monterrei conseguiron subir a nota de corte para a obtención desta Distinción. A presidenta destacou ademais o incremento en notoriedade e calidade destes viños, que nos últimos tempos teñen conseguido ampliar a súa representación na hostalería, e que resultan altamente competitivos grazas a súa excelente relación calidade-prezo.

Pola súa parte, Antonio Ángel Méndez Atanes trasladou os seus parabéns a todos os premiados, “os verdadeiros protagonistas da xornada”, e manifestou a intención do Consello Regulador de reforzar a actividade promocional no 2014, para continuar así nesta traxectoria ascendente que están atravesar os viños da Denominación de Orixe Monterrei.

20 de xaneiro de 2014 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.