As actividades de Nadal do Concello de Ourense contaron con máis de 20.000 participantes
O Nadal chega ao seu fin e as actividades municipais que se desenvolveron dende o pasado 20 de decembro e ata o día de Reis contaron cunha boa acollida e ampla participación dos veciños e veciñas da cidade. A concelleira de Cultura, Ana Garrido, e o xefe de servizo da área, Manuel Freire, fixeron balance esta mañá no Salón de Plenos do Concello.
Os datos recolllidos polos traballadores e organizadores da programación de Nadal na cidade amosan que máis de 20.000 persoas participaron nas actividades previstas polo Concello para o período comprendido entre o 20 de decembro e o 7 de xaneiro, tendo en conta aqueles que acudiron a eventos multitudinarios coma a cabalgata de Reis. Música, obradoiros, actividades, exposicións, cine, teatro e propostas lúdicas integraron unha oferta cultural para tódolos públicos e todos os gustos.
A programación cultural de Nadal, comezou, como xa é tradicional, cun acto fronte ao Belén de Arturo Baltar, xoia da nosa representación etnográfica e polo que pasaron dende o 20 de decembro e ata o 7 de xaneiro, 6.934 persoas, que pasaron por este espazo para comprobar o valor artístico das máis de 500 figuras que recrean o preciosismo e o estilo único do seu autor nas súas personaxes, oficios e espazos.
As actividades musicais coma os concertos da Banda Municipal, a Coral de Ruada ou da Capela Duriensis na Igrexa de Santa Eufemia e nas Caldas, tiveron unha concurrida afluencia e a XIX edición do certame de Vilancicos e Panxoliñas encheu os 3 días o Auditorio Municipal, cunha media de 200 persoas ao día, así coma a Gala Benéfica contra o Cancro, cuxa recadación foi destinada á Asociación Española contra o Cancro.
Dentro da programación de Nadal, e coma novidade, proxectáronse no Auditorio películas premiadas na XVIII edición do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), con 139 persoas que asistiron ás salas a ver Offline, filme belga gañador do Premio do público á mellor película e premio ao mellor director, Paradis Perdu, a francesa gañadora da Calpurnia á mellor película e premio á mellor interpretación feminina a Pauline Etiènne, “El Rayo” e “Innocents”, premio especial do xurado e premio ao mellor guión, respectivamente.
“O clamor da túa presencia”, exposición que pechou a programación anual do Museo Municipal, contou coa asistencia de 1.122 persoas á obra do artista ourensán Manolo Vidal, pintor xestual, enerxético e fiel á imaxe real do que ve, cun total de 70 debuxos que plantexan un impecable cuidado e soporte con tonalidades frías e quentes, obxectivizando o movemento do pincel e representando en cada escenario única e exclusivamente a imaxe inicial que tiña pensado transmitir.
Os máis cativos, e non tan cativos, asistiron á Praza Maior os días 22 e 23 a entregarlle a Papá Noel as súas cartas ou reiterarlle as súas peticións, e as carteiras reais recibiron máis de 500 cartas dos pequenos e pequenas da cidade, preludio da chegada ás Súas Maxestades, os Reis Magos o pasado domingo á Praza Maior, que percorreron unhas rúas, que a pesar do tempo, permaneceron durante a hora e media que durou o percorrido abarrotadas de xente.
Este ano o séquito dos Magos de Oriente estivo formado por máis de 250 persoas a cargo de Barafuda Animación, con zancudos, malabares, un espectáculo de globos cisne e recoñecidas personaxes de debuxos animados como Mickey e Minni Mouse, Pocoyó e Elli, Pepa Pig e os protagonistas da película Madagascar. O baile correu a cargo de Inthecisos, grupos de b-boying e a alfombra máxica de Aladín e a mina real asustou a aqueles que non se portaron ben ao ao longo deste ano.
Un espectáculo de globos e pompas anunciaron a chegada da estrela de Oriente que deu paso ás carrozas dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar repartindo máis de 2.000 kilos de caramelos cos seus séquitos de máis de 50 perosas.
Máis de 1.000 persoas asistiron ás representacións da Mostra de Teatro Infantil no Auditorio
Das 4.000 persoas que acudiron á MOTI, un total de 1.045 persoas pasaron polas actuacións da Mostra de Teatro Infantil no Auditorio Municipal. A Maiores, a Concellería de Cultura mantivo a habitual programación infantil, adaptándoa á temática de Nadal, na que destacou “A historia do apalpador”, da que se tivo que facer un segudo pase o domingo 22.
Con estes datos, a programción de Nadal convírtese nun éxito de participación, con más de 10.000 persoas contabilizadas que asistiron ou participaron en actividades municipais, ás que hai que engadir os desfiles e animacións de rúa e aos eventos máis multitudinarios coma a cabalgata de Reis.
A concelleira de Cultura suliñou na súa intervención o seu agrademento aos traballadores, técnicos e organizadores da Concellería de Cultura polo seu esforzo, compromiso e traballo nestos 15 días, así coma os veciños e veciñas da cidade por ter participado e apoiado o programa de festas de Nadal.











