Aprobado o convenio de acredores presentado polo Real Club Deportivo
Hoxe venres 10 de xaneiro ás 10.30 horas tivo lugar na Audiencia Provincial (sala da Sección 1ª) a xunta de acredores do Real Club Deportivo da Coruña, co maxistrado do Xulgado do Mercantil nº 2 da Coruña, Roberto Neno.
Foron admitidas a trámite dúas propostas de convenio de acredores, unha do Real Club Deportivo e outra da Axencia Tributaria. Ao final, foi aprobada o convenio presentado polo Club, con case un 60% de apoio.
Ao finalizar, o Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, compareceu brevemente ante os medios de comunicación. Aclarou que “un 20% votou que non (entre eles a Axencia Tributaria) e outro 20% abstívose. Esperamos que moitos deles póidanse adherir nos próximos días, até roldar un 75%”.











