Aprobadas as bases para o XXX Premio de Poesía Cidade de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O Concello de Ourense convoca a edición número trinta do Premio de Poesía Cidade de Ourense. A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza de onte as bases desta nova edición do certame, que organiza a Concellería de Cultura. O prazo para presentar traballos permanecerá aberto ata as 14 h do día 25 de abril deste ano.

O Premio de Poesía Cidade de Ourense, que este ano acada a XXX edición, está dotado cunha cantidade de 6.000 euros xunto coa publicación do libro. A el poderá optar calqueira persoa que presente obras en galego ou en portugués, circunstancia que este ano cobra especial relevancia por ser Ourense a Capital Cultura do Eixo Atlántico que abrangue poboacións galegas e do norte do país veciño.

Todas as persoas interesadas en presentar traballos, deberán facelo a través do Rexistro do Concello de Ourense – Praza Maior, s/ n – directamente ou por correo certificado facendo constar no sobre “Para o XXIX concurso de Poesía Cidade de Ourense”. Os concursantes portugueses poderán facer entrega dos seus traballos na Cámara Municipal de Vila Real (Portugal) dentro dos mesmos prazos.

No aspecto formal, os traballos que se presenten terán que ser orixinais e inéditos, cun mínimo de seiscentos versos. Presentaranse mecanografados e a dobre espazo en follas de tamaño folio escritas por unha soa cara en ejemplar sextuplicado.

28 de xaneiro de 2014 | 11:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.