Aprázase o sorteo do coche da campaña de Nadal de Compostela Monumental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Todo estaba listo e preparado para que ás 14:30 horas de hoxe levase a cabo o sorteo do Renault Twingo que puña o peche á campaña de Nadal 2013/14 de Compostela Monumental, a asociación de comerciantes e empresarios do centro histórico da capital de Galicia, pero un problema de tipo burocrático impediu que o mesmo se puidese levar a cabo. José Manuel Belo Rei, Presidente de Compostela Monumental; Manuel Caeiro, Presidente de Renault e Dacia Caeiro; Mari Sol Vázquez, Directora Xeral de Comercio; Lucía Castro, Técnica de Promoción Económica do Concello de Santiago; Xullo Castro, Director do Hostal dos Reis Católicos e Luís Penido, piloto de Rallys, quedaron coas ganas de poder dar a coñecer o gañador do coche, pero tomáronllo con bo humor e esperan poder levar a cabo o sorteo a próxima semana. En breve darase coñecer a data definitiva do sorteo.

16 de xaneiro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.