Apertura do prazo de inscrición para a IV Carreira popular Torre de Hércules

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa da celebración da IV Carreira popular Torre de Hércules o 1 de febreiro. A proba é a terceira que se celebra dentro da segunda edición de Coruña Corre, programa municipal que aposta polo fomento do deporte e dos hábitos de vida saudables, á vez que dinamiza a vida social dos clubs de atletismo e dos barrios.

A carreira, con saída e chegada na chaira da Torre de Hércules, arrincará ás 18.30 horas coa categoría absoluta, que percorrerá unha distancia de 6.940 metros. O resto de categorías sairán ás seguintes horas:

-Xuvenil e Cadete: 16.30 horas, 2.300 metros.

-Infantil: 16.55 horas, 1.600 metros.

-Alevín: 17.15 horas, 800 metros.

-Benjamín: 17.30 horas, 800 metros.

-Pitufos: 17.45 horas, 150 metros.

Unha das principais novidades deste ano nesta proba é a súa celebración un sábado e o seu horario, xa que a última rampla de subida até o pé da Torre de Hércules proporcionará unha gran espectacularidade ao levar a cabo de noite coa iluminación do monumento en todo o seu esplendor. Converterase, desta maneira, na primeira carreira nocturna que acolla a nosa cidade.

Os interesados en participar nesta proba poderán inscribirse até o 28 de xaneiro ás 23.30 horas a través das webs www.coruna.es/carreraspopulares ou www.championchipnorte.com, ademais de len a oficina de viaxes do Corte Inglés de Cásaa da auga. Os dorsais poderán recollerse o 31 de xaneiro na aula da Cidade Deportiva da Torre de 17.00 a 20.30 horas e o mesmo día 1 de febreiro no mimo lugar desde as 10.00 horas e até unha hora antes do inicio da competición.

O Concello da Coruña tamén informa de que a ONG Entreculturas (www.entreculturas.org) colocará unha caseta informativa na IV Carreira popular Torre de Hércules. Trátase dunha entidade social que traballa pola educación e o desenvolvemento social e que aproveita esta proba atlética para dar a coñecer o seu labor e os programas que está a desenvolver a favor dos máis necesitados.

CORUÑA CORRE

Tras a celebración das dúas primeiras probas de Coruña Corre, o Concello da Coruña logrou os obxectivos que se fixou nesta segunda edición xa que se inscribiron máis de 1.700 corredores, o que supón case 1.000 máis que o ano pasado, ademais duplicouse o número de familias participantes até alcanzar un total de 80.

Nesta edición, a principal novidade é que se poden inscribir grupos mixtos de 3 ou 4 persoas coa condición de que polo menos un deles non participe na primeira edición. Neste sentido, apuntáronse un total de 60 equipos. Outro dos obxectivos consistía en incrementar a participación feminina, que era do 13%, algo que se conseguiu cun 25% nas dúas primeiras carreiras.

Tras esta proba, as seguintes serán:

VII Baixada popular de cros San Pedro de Visma. 29 de xuño de 2014 (6.600 metros).
II Carreira popular Ventorrillo. 13 de xullo de 2014 (4.760 metros).
III Carreira popular Volta a Oza. 10 de agosto de 2014 (7.552 metros).

17 de xaneiro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.