publicidade hoxe

Apertura do prazo de inscrición de queixerías para a 39ª Festa do Queixo da Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

Desde mañá 15/01 ata o 14/02 poderán inscribirse todos os expositores no correo info@festadoqueixo.org ou no tfnos 658 811 400 e 981 500 222. Ademais de queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa, tamén estarán presentes outras denominacións de orixe, queixos de vaca, cabra, ovella, ecolóxicos, etc. 

A Festa do Queixo é unha celebración de todos onde queixo é protagonista desde 1975. Arzúa transfórmase nun espazo contemporáneo e o multidisciplinar se reúnen arredor de 40.000 persoas. Un vieiro de acontecementos que aportan valor engadido cultural, didáctico e económico. Gastronomía, música, cultura, tradición e innovación. Un lugar aberto a todos e pensado para todos.

O recinto feiral Terra do Queixo acolle durante 2 días a profesionais e artesáns do queixo, así como actividades formativas, culturais e de lecer. É o punto de encontro e gran espazo de intercambio. A programación conta con actividades para os máis pequenos/as. Moitas delas son de balde e as que non, a prezo moi reducido. E xa pola noitiña os concertos do Festival do Queixo-.

COMO INSCRIBIRSE:

DO 15 DE XANEIRO AO 14 DE FEBREIRO DE 2014
• No correo electrónico info@festadoqueixo.org co asunto “FICHA EXPOSITOR” (A/A Ramón Roldán)
• Persoalmente, de 10 a 12h nas oficinas da Concellaría de Cultura (Dpto. de Cultura, edif. sociocultural María Mariño) Rúa Pai Pardo 33, 1º andar 15810 Arzúa (a carón de Radio Arzúa e Biblioteca Municipal)

DATAS E HORARIOS:

SÁBADO 1 MARZO
08:00 – 11.00h: recepción de expositores e colocación de mercadorías
11:00 h. Apertura de portas ao público (13.30h inauguración oficial e pregón no acceso principal)
21:00 h. Peche

DOMINGO 2 MARZO
08:30-10:00 h. recepción de expositores
10:00 h. Apertura portas ao público
19:00 h. Peche

+ INFORMACIÓN
• No 981 500 222 (10h a 12h, A/A Marcos Pampín) ou 658811400 (12h a 14h, A/A Ramón Roldán)
• En info@festadoqueixo.org ou cultura@concellodearzua.com, co asunto “CONSULTA EXPOSITOR”
No posto da organización, onde haberá planos e información para expositores e visitantes

14 de xaneiro de 2014 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.