Apertura das convocotarias da Deputación de Pontevedra para axudas e subvencións a colectivos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

A Deputación de Pontevedra convoca unha serie de subvencións e axudas dirixidas a colectivos da provincia cun orzamento total de 3.130.000 euros. As axudas van dirixidas  ás asociacións culturais e veciñais, entidades de iniciativa social e  aos clubs deportivos, rematando o prazo de solicitude o 7 de febreiro.

O apoio económico ás asociacións culturais vai encamiñado ás actividades de promoción e difusión  cultural así coma en forma de financiamento de actividades, e adquisición de instrumentos e vestiarios. Por outra banda, as subvencións para as asociacións veciñais buscan apoiar os investimentos , tanto por obras coma por adquisición, consideradas de interese público.

14 de xaneiro de 2014 | 12:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.