publicidade hoxe

Amplo programa de actividades para os días 4 e 5 de xaneiro en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

SÁBADO 4 DE XANEIRO

Este xornada celebraremos, ao longo de toda a xornada, o DÍA DO NENO, que vai ter dous ámbitos, un na Piscina Municipal e outro no Pavillón de Deportes:

Na Piscina Municipal teremos  XOGOS ACUÁTICOS, con 3 aparellos de auga distintos, en horario de 11:00 a 14:00 horas pola mañá e de 16:30 a 19:30 horas pola tarde.

No Pavillón Municipal de Deportes,  en horario de 16:00 a 20:00 horas, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar de inchables no Pavillón de Deportes.  Imos ter 8 grandes inchables, todos distintos e pensados para distintos tipos de idades; esta oferta vaise completar con dous obradoiros, un de papiroflexia e outro de maquillaxe.

DOMINGO 5 DE XANEIRO

A Cabalgata está previsto que comece ás 19:00 horas, pero antes, os Reis farán unha visita, coma en anos anteriores, á Residencia da 3ª Idade, visitando aos nosos velliños. Rematada esta actividade, os Reis partirán en cabalgata  ás 19:00 horas dende a nave-almacén que o Concello ten nas inmediacións do Campo Municipal de Fútbol, continuando a súa andaina pola Rúa Acceso Grupo Escolar, pasando despois á Avenida Deputación, que recorrerán en boa medida, cortarán despois por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real ata chegar ao Pavillón de Deportes. Despois os Reis inda estarán un bó rato con tódolos nenos no Pavillón, recollendo cartas, sacándose fotos, etc.

Para rematar, tódolos nenos e rapaces poderán disfrutar dunha FESTA INFANTIL no Pavillón co DJ TAPI-DECIBELIOS. E despois,….. a esperar os Reis.

3 de xaneiro de 2014 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.