Alumnos do Humberto Juanes realizan unha visita guiada polas instalacións municipais de Nigrán
Unha vintena de alumnos de 5º de primaria do C.E.I.P. Humberto Juanes realizaron na mañá de hoxe unha visita guiada ás instalacións municipais, para coñecer máis de preto a organización e o funcionamento interno do concello. Nela visitaron todos os departamentos municipais nos que os responsables de cada área explicáronlle detalladamente o seu labor diario. Así mesmo, coñeceron o Salón de Plenos, e fixeron unha recreación da celebración dunha sesión plenaria.
Na súa visita acudiron tamén ao despacho do rexedor municipal, Alberto Valverde, a quen realizaron unha entrevista que subirán á páxina Web do centro http://www.edu.xunta.es/centros/ceiphumbertojuanes e ao blog http://radiovilamean.blogspot.com.es.