Alumnos de secundaria visitan a Casa do Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Visita dos alumnos de secundaria ao Concello de Tui

Visita dos alumnos de secundaria ao Concello de Tui

Unha trintena de alumnos de 1º da ESO do IES San Paio, acompañados polos seus profesores, visitaron onte o Concello de Tui onde foron recibidos polo alcalde, Moisés Rodríguez, a concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez, e varios membros do equipo de goberno.

O alumnado do IES San Paio coñeceu así de primeira man o funcionamento da administración local, percorrendo as distintas dependencias da Casa do Concello. Explicaron ao rexedor que no marco dun proxecto interdisciplinar que están a realizar están a facer un estudo sobre as zonas verdes do instituto avaliando como melloralas. Unha das opcións barallas é a colocación de bancos nos xardíns do centro, motivo polo que na visita que realizaron ao Concello aproveitaron para exporlle ao alcalde esta solicitude tal e coma tiñan feito con anterioridade no escrito onde solicitaron ser recibidos.

Moisés Rodríguez, alcalde de Tui, valora de forma positiva o interese destes mozos e mozas por coñecer a administración máis cercana a eles, o seu funcionamento, departamentos e servizos.

21 de xaneiro de 2014 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.