Alberto Díaz imponse na Regata Internacional Río Negro en Arxentina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaTui
A-
A+
Alberto Díaz

Alberto Díaz

Alberto Díaz, piragüista do Kaiak Tudense, impúxose na Regata Internacional Río Negro que se disputou en Arxentina cun percorrido total de 265 quilómetros. O segundo na clasificación foi Fabián Orellana, que xa a gañou en anteriores ocasións, e o terceiro Roberto Bustos.

O tudense tivo que remar durante quince horas, veintitres minutos e vinte segundos. A competición constaba de seis etapas e dous días de descanso entre elas. O percorrido foi desde Neuquen até Viedma.

Alberto Díaz gañou impúxose no cinco primeiras xornadas, o que lle permitiu dispor dunha ampla vantaxe sobre os seus rivais na última xornada. O tudense non quixo arriscar e desa forma levou o triunfo na clasificación xeral.

O compoñente do Kaiak Tudense declarou que “foi duro e esixente, pola dureza da proba, pola calor e por tantos días de competición. Pero mereceu a pena”. Esta non foi a primeira vez que acudía a cita.

Para o próximo ano, a Regata Internacional Río Negro cumprirá cincuenta anos. Os organizadores desvelaron que será unha edición especial e que estudan seriamente a posibilidade de convidar a máis padeeiros galegos.

22 de xaneiro de 2014 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.