publicidade hoxe

Afal dará a coñecer o alzheimer nunha charla aberta ao público en Valdoviño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValdoviño
A-
A+

AFAL Ferrolterra ofrecerá unha charla sobre Alzheimer no Centro de Maiores de Valdoviño o venres, 7 de febreiro, a partir das 16,30 horas. Con entrada libre e gratuíta, estará impartida por Silvia Loureiro, logopeda e coordinadora do Centro de Día da asociación en Ferrol, e nela abordarase en que consiste a enfermidade, os seus principais síntomas e modo de afrontala, entre outros aspectos. A charla tamén incluirá unha quenda de preguntas para que o público teña a posibilidade de expor as súas inquietudes e consultas. Nesta liña, a presidenta de AFAL, Milagres Prieto Gondell, convidou á cidadanía a asistir e participar na mesma.

Así mesmo, Milagres Prieto lembrou que desde o pasado mes de xullo AFAL ofrece ás asociacións da súa área de influencia a posibilidade de acoller charlas informativas nos seus respectivos locais sociais ao redor da enfermidade do Alzhéimer. O obxectivo non é outro que sensibilizar á sociedade en xeral respecto desta doenza. Así, as asociacións que estean interesadas en acoller esta conferencia tan só deben dirixirse a AFAL Ferrolterra. Para iso, teñen á súa disposición o correo electrónico afalferrolterra@afalferrolterra.com, o teléfono 981 37 06 92 ou ben poden solicitalo nas propias instalacións da entidade, situadas na rúa Río Castro, 43-45, baixo Ferrol.

Baixo a lema “Alzhéimer ou esquecemento, como diferencialo?”, profesionais do equipo multidisciplinar que traballa nos centros de día xestionados por AFAL tentarán dar resposta a tres preguntas clave: Que é o Alzhéimer?, Como detectalo? e Como abordar a situación? Tras levar a cabo a iniciativa en Esmelle, A Graña ou Canido, agora será a quenda do municipio de Valdoviño.

21 de xaneiro de 2014 | 17:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.