AEGE “seguen os ataques do Goberno aos estudantes e ás becas Erasmus”
AEGE asegura que o Ministerio de Educación está ‘xogando ao despiste’ co novo reparto das becas Erasmus anunciado hoxe pola Secretaria de Estado de Educación, Montserrat Gomendio, para ocultar así, o grave recorte que está realizando curso tras curso, nestas becas.
A organización estudantil critica que o Goberno recortara a partida para as becas Erasmus do próximo curso deixandoa en tan só 18 millóns de euros, o que provocou que os estudantes só vaian a percibir a beca durante 6 meses, ainda que a súa estancia no extranxeiro sexa superior a este tempo.
É incomprensible que o Ministerio pida un nivel B2 para a concesión de ditas becas cando os alumnos comezan a carreira universitaria cun nivel B1 ao rematar os seus estudos de bacharelato. Polo tanto, consideramos que o máis lóxico sería seguir mantendo a esixencia do nivel B1 xa que é suficiente para o desenvolvemento dunha vida académica nun pais de idioma extranxeiro e para que os estudantes teñan a oportunidade de mellorar as súas competencias en dito idioma.
Wert debería replantexarse dita medida xa que o único que consegue é un novo ataque a tódolos estudantes que queren ter a oportunidade de aprender unha lingua extranxeira grazas á axuda das becas Erasmus. Pouco a pouco este Goberno está a restrinxir o acceso a estas becas para que o estudantado non poida ter acceso as mesmas, e así, unha vez máis, destruír o noso sistema educativo.











