Adicae organiza unha charla sobre seguros en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O xoves 23 de xaneiro de 2014 imos realizar un obradoiro na delegación de ADICAE GALICIA en Santiago de Compostela sobre os seguros: “Asegurados, ¿pero seguros?”

Hoxe en día moitos de nós, temos contratado un seguro (do coche, da nosa casa, do móbil). Pero, sabemos cáles son os nosos dereitos? ¿Sabemos se os seguros van a asegurarnos cando de verdade os necesitemos? Moitas persoas chegan a nós porque teñen verdadeiras dificultades á hora de cancelar un seguro, pero o verdadeiro dor de cabeza chega cando temos un problema é queremos que o seguro nos cubra, porque todo son pegas.

A través deste obradoiro queremos que os consumidores coñezan cáles son os seus dereitos e obrigas, qué debemos saber como usuarios, as precaucións a tomar antes de contratar un seguro, procedementos de reclamación ante a mala praxe das compañías aseguradoras e outras cuestións a ter en conta na contratación dos seguros de fogar, de vida, de vehículos.

O obradoiro é gratuito, pero é necesario a inscricion previa.

21 de xaneiro de 2014 | 20:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.