Adeto entregará 3.500 euros en cheques regalo aos agraciados na campaña “Nadal en Tomiño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O día 13 de Xaneiro ás 20:00 horas no local de Adeto, celebrarase o sorteo de 3500€ en cheques regalos da campaña “Nadal En Tomiño”.
 
 A campaña, aínda aberta ata o día 10 de Xaneiro, tratouse de que os consumidores dos comercios tomiñeses, que fixeron as súas compras no comercio co cartel identificativo da Asociación de Comerciantes de Tomiño, recibiron unha papeleta cun número e puderon participar no sorteo de diferentes cheques-regalo por valores que van dende os 5€ ata os 200€, repartíndose en total 3500€.

 Esta campaña supuxo un éxito, como en anos anteriores, debido o gran número de participantes inscritos no concurso, e que fomenta o desenvolvemento do comercio, a hostelería e a industria de Tomiño.

 Por outra parte Adeto fai publico os gañadores do Concurso de Debuxos de Nadal dos colexios de Educación Infantil e Primaria de Tomiño e do Concello que estiveron expostos  no local de Adeto e no Centro Goianés dende o día 23 de Decembro ata o Día 5 de Xaneiro.

Os gañadores son do Concurso de Debuxos de Nadal son:

Nerea Adrover Cuña – (CRA. Mestre Manuel Garces)
Antonio Joaquín Marques – (Colexio Sobrada)
Paula Correa Portela – (Colexio Pintor Antonio Fernández)
Iago Cal Fernández – (Colexio Pedro Caselles Beltrán)
Virginia Beiro Bernardez – (Colexio Pintor Antonio Fernández)
Nerea Diego Rodríguez – (Colexio Barrantes)
Christian Vicente Pereira – (Colexio Pedro Caselles Beltrán)
Mateo Castiñeira Troncoso – (Colexio Pintor Antonio Fernández)

A entrega de regalos aos gañadores celebrarase o día 8 de Xaneiro as 20:00 horas no local de Adeto.

9 de xaneiro de 2014 | 10:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.