ACIGU organiza un curso de prevención de riscos laborais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Asociación de Empresarios da Guarda (ACIGU CCA) informa que en próximas datas se iniciará un curso de “Prevención de riscos laborais: 55 horas” para traballadores en activo, impartida pola Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP) en colaboración con ACIGU CCA.

O curso Básico de Prevención de Riscos Laborais desenrolarase do 11 de febreiro ao 4 de abril. En horario de 20.00 a 22.30 h. os luns, martes e xoves.

A Prevención de Riscos Laborais debe ser, hoxe en día, un obxectivo prioritario para todas as empresas, co afán de mellorar as condicións de traballo e garantir a seguridade e saúde de todos os traballadores.

Dende ACIGU CCA e o departamento de formación seguen traballando para que as empresas e os traballadores conten cos instrumentos precisos que lles permitan operar con maiores garantías de éxito, mellorando os seus coñecementos e a súa capacidade de adaptación ao entorno.

Todas aquelas empresas ou traballadores interesados en recibir información sobre dita formación poden comunicarse coa asociación.

15 de xaneiro de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.